Ruta de sendeirismo e xantar campestre - Espazo +60 Monforte
Dentro da programación de lecer activo do Espazo +60 de Monforte, o vindeiro 2 de xullo organizamos, como cada ano, unha xornada de convivencia dirixida ás persoas socias.
A actividade consistirá nunha ruta de sendeirismo ata a área recreativa de Ribas Altas, onde celebraremos un xantar campestre nun contorno natural privilexiado. Será unha oportunidade para coñecer mellor a nosa contorna, compartir experiencias e gozar de afeccións comúns en boa compañía.
A ruta, de dificultade baixa, discorre á beira do río Cabe e ten unha lonxitude total de 12 quilómetros (6 km de ida e 6 km de volta), polo que resulta accesible para a maioría das persoas participantes.
Ademais, contarase cun servizo gratuíto de autobús urbano para facilitar os desprazamentos.
Data: 2 de xullo
Hora de inicio: 11.00 h
Actividade gratuíta
Inscrición obrigatoria ata o 1 de xullo.