Comentarios
Sobre unha mesa amoréanse unha serie de teas, desbordando o límite da mesa, no primeiro término, moi cerca do espectador, sobre un fondo liso no que se abre unha arcada. Curvas, estrías e sombras laberínticas súmanse e contrapoñen, creando unha masa orgánica a punto de realizar unha metamorfose. O rítmico movemento inestable que presenta a roupa actívase co colorido, no que a penas emprega materia, acadando suxerentes efectos de enrugas e dobrezes con ocres, verdes e negros.
Exposiciones
"Artistas Gallegos en la colección C.A.M.V. (II)" do 8 de abril ó 7 de maio de 1987, na Sala do Centro Cultural Caixavigo; "Artistas Gallegos en la colección Caixavigo" itinerante, Museo do Pobo Galego, Santiago, Kiosko Alfonso, A Coruña, e Museo M. de Ourense, novembro e decembro de 1988, e xaneiro e febreiro de 1989; "Artistas Galegos na colecçâo Caixavigo", do 29 de xuño ó 13 de xullo de 1989, Casa D. Hugo, Porto; "Arte Galega na colección Caixavigo S.XX" do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, Auditorio de Galicia, Santiago.
Reproducciones
"Artistas Gallegos en la colección Caixavigo" Catálogo de la Exposición; "Artistas Galegos na colecçâo Caixavigo" Catálogo da Exposición; "Arte Galega na colección Caixavigo S.XX" Catálogo da Exposición co nº 14.