• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

VERTIDO Nº 14

BERTA CÁCCAMO

VERTIDO Nº 14
INV:
4356
Año de creación:
2006
Dimensiones:
180 x 180 x 0
Técnica:
acrílico sobre lenzo

Comentarios

Esta obra chea de sinxeleza e sutileza sorpréndenos pola súa rotundidade, ao mesmo tempo que pola súa levidade. A mancha nace na parte superior do cadro e móvese verticalmente buscando a harmonía e expandíndose nun xogo de matices, texturas e tonalidades de cor.

Austeridade e elegancia nunha obra suxestiva, silenciosa, herdeira de Helen Frankenthaler e Morris Louis, que vai máis alá da representación plástica para centrarse na idea, na cor e nas súas posibilidades.

Utiliza unha tea reciclada que nos conta a súa propia historia e sobre a que o pigmento se estende por si mesmo sen apenas manipulación. Emprego de tons neutros negros e grises que configuran nunha obra intensa resultado dun proceso casual.

A cor dispérsase, os pigmentos amontóanse creando curvas cheas de vibracións e texturas nunha obra que reproduce instantes de incertezas e composicións silenciosas.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78