LA DANZA
- INV:
- 1112
- Año de creación:
- 1957
- Dimensiones:
- 63 x 49 x 0
- Técnica:
- Litografía Prancha: 56,5 x 45 cm Soporte: 63 x 48,5 cm
Comentarios
Na composición respírase alegría. Un grupo de figuras danzan formando unha roda en torno a unha árbore con froitos e no alto voa unha pomba cunha rama no pico. A alusión á paz é clara. Asistente ós Congresos Mundiais da Paz en París e en Londres en 1949 e 1950, pinta pombas que lembran o afecto que lle trasmitiu seu pai cara a esa ave. O conxunto presenta un particular estilo que desenvolveu entre 1957 e 60 que recorda as pinturas rupestres e os sistemas decorativos que utilizou nas súas obras de cerámica.